Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

venres, 22 de marzo de 2024

LeoClub de 4º. Sesión de Marzo

Nesta nova xuntanza do LeoClub de 4º puxemos o foco no grao de imaxinación, creatividade e humor de PIPI e... como chegarían a "creala".

Pois coñecemos un chisco sobre a fonte de inspiración da súa autora ASTRID LINGRED.

E se nós tiveramos que inventar, crear e imaxinar unha historia...?, e se inventamos unha historia a través dun gran garabato feito con liñas curvas e rectas?, e se debuxamos meigas, coches, arcos da vella... e todo aquelo ao que nos leva a nosa imaxinación?..

Pois si... poden sair cousas moi dispares...

Unha vez máis... GRAN TRABALLO EQUIPO!!!




















xoves, 7 de marzo de 2024

LeoClub de 1º. Sesión de marzo.

Os lectores do LecoClub de1º foron quen de descubrir o secreto que gardaba Zoe, a protagonista do libro que leron para esta sesión. E logo tocoulles a eles! Primeiro buscaron palabras da lectura que estaban agochadas nunha sopa de letras e logo....Tiñan un reto por diante! Varias receitas coas que elaborar mensaxes secretas e os ingredientes e materiais necesarios para realizalas. Pero.... Que habería que facer? Seguir estes pasos era fundamental: Escoller a receita. Leela. Entendela. Coller os ingredientes necesarios. Poñela en práctica..... e ver se funcionaba!!! Todo un proceso do máis divertido! E funcionou!
Libro que lemos para esta sesión









Ingredientes necesarios para facer as mensaxes secretas.

Esta será a nosa seguinte aventura!




LeoClub de 2º e 3º. Sesión de marzo

Nesta nova aventura do LeoClub estivemos a falar das aventuras que viviron catro pitas, cada unha delas coas súas peculiaridades: Careta, Cora, Coqueta e Cachola. Menudo problema tiñan as pobres... Desaparecíanlles os ovos!!! Pero foron moi apañadas e traballando en equipo conseguiron chocar os ovos nun niño secreto e así as catro pitas foron nais de doce lindos pitiños. A todos nos gustou moito este libro e a continuación votamos cal sería o seguinte. Saíu. "A formiga destemida". Logo puxémonos mans á obra para facer un traballiño que nos ha levar un tempiño pero que nos pareceu moi interesante. Desta vez só deu tempo a comezalo. Tentaremos rematalo na seguinte sesión.
Libro que lemos para esta sesión








A nosa próxima aventura!


LeoClub de sexto. Sesión de febreiro

 No LeoClub de 6º seguen viaxando polo mundo adiante, xa que continúan coa lectura de "A volta ao Mundo en 80 días" que lles está gustando moito e resultando moi interesante. Desta vez tras escanear uns códigos QR estiveron coñecendo algo máis sobre o seu autor. Depois debateron sobre a figura e o papel do maiordomo, tentando empatizar e poñerse no seu lugar. Tamén falaron de se algunha vez tiveron a experiencia de seren acusados de algo que realmente non fixeran e de cómo se sentiran. Houbo quen non esqueceu como estando na etapa de infantil a acusaran inxustamente de romper unhas pinturas o que lle doeu moito e aínda non foi quen de esquecer.