Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 8 de febreiro de 2024

Club de lectura 2º e 3º. Sesión de febreiro.

 Os superlectores de segundo e terceiro viñan emocionados co libro de Ledicia Costas, "Conexión macarrón". Case todos dixeron que lles gustara moito. Estivemos un ratiño falando del e despois realizamos unha actividade moi divertida que a todos lles encantou!
Fixemos un circuíto de papel para encenderlle os ollos a Expósito, tal e como contaba a historia que lle sucedera cando ía no ascensor con Espe e Rino.

Aprendemos a facer un circuíto con cobre adhesivo, e a que para que funcione  precisa dunha pila. Tamén que as pilas e os leds teñen polos positivos e negativos. Todos conseguimos rematalo e encenderlle os ollos a Expósito. Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo do proceso.







E a próxima aventura será co libro.....




Club de lectura 1º de Primaria. Sesión de febreiro

 Nesta sesión dos pequenos grandes lectores...

Todos traían superlido o libro....

Primeiro fixemos sinónimos con palabras do libro.



Pensamos e filosofamos sobre a actitude e comportamento do gato Calcetíns e a súa dona.
Respectamos e razoamos as diversas opinións dos demais e vimos que tamén podían ter razón. Xa por último ilustramos a historia decidindo que 5 momentos reflectiamos e quen facía cada ilustración.


Decisións en equipo

E antes de marchar... Orelliñas de gato e foto co noso libro de hoxe!
 



E a seguinte aventuraaaaa....................









Club de lectura de 6º. Sesión de xaneiro

 Na sesión de xaneiro os "Gardiáns do saber" que están a ler "La vuelta al mundo en 80 días" . realizaron unha actividade moi divertida e creativa. Entre todos tiñan que completar un debuxo partindo dunhas liñas iniciais que debuxaron decidindo se eran rectas ou curvas simulando a traxectoria dunha viaxe. A partir desas liñas realizaron diferentes debuxos segundo o que lle suxerían as liñas trazadas dialogando despois da utilidade ou non que podían ter para unha viaxe (un casco, unha estrada, un insecto? Oh , non! Poderiamos enfermar e retrasaría a nosa viaxe). Como sempre foi xenial! Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.


                     






Club de lectura 5º. Sesión de xaneiro

 Na última semana de xaneiro xuntouse o club de lectura de quinto para falar sobre o libro que están a ler: "Escarlatina a cociñeira defunta" e facer un "Bingo Horrreur". Cando unha palabra saída ao azar coincidía coa do seu cartón, tíñana que explicar para poder dala por conseguida e validala.




 E xa temos a seguinte lectura escollida....