Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

martes, 24 de outubro de 2023

LeoClub de 5º


 O mércores 18 de outubro tivo lugar na biblioteca a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 5º. Estiveron decidindo por que lectura empezarían primeiro de todas as propostas que había enriba da mesa. A decisión foi unánime e todos se animaron a ler "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas. Quizais porque está cerquiña a celebración do samaín ou porque os compañeiros do club de lectura do curso pasado a leron e lles encantou. Quen sabe!! A cuestión é que están moi animados a correr moitas aventuras da man de Escarlatina. 




mércores, 11 de outubro de 2023

Comeza o LEOCLUB de 4º!

 

Comezamos o LeoClub 23-24!

 Co comezo do mes de outubro comeza a funcionar o noso LeoClub. Todos os mércores reunións! Este ano como novidade quixemos darlle a oportunidade aos máis pequenos de primaria de formar parte do club e temos un grupiño de nenos e nenas de primeiro e segundo que se animaron a probar esta aventura. Este grupo xunto cos de 3º foi o primeiro en inaugurar este novo curso e o 4 de outubro comezaron as aventuras.  Foi divertidísimo e pasámolo todos en grande cos xogos e misterios que nos agardaban...

A sesión foi do máis divertida desciframos mensaxes que nos levaban a outras escondidas polo cole ata chegar ao final onde estaban os libros e Leo dándonos a benvida. Desta vez cada quen levou un libro ao seu gusto para lelo na casiña. A continuación fotos e vídeo da xuntanza.

 
















LeoClub curso 2022/2023

O luns 19 de xuño tivemos unha excursión moi especial. Os membros do club de lectura visitamos Allariz. Alí fomos a dúas das librerías máis importantes da vila, onde Jose e Carlos nos recibiron moi amablemente e nos ex¡plicaron moitas cousas. Encantounos curiosear entre todos os tesouros que por alí hai gardados, en andeis e infinitos recunchos. Foi marabilloso. Moitas grazas a Jose de Aira das Letras e Carlos de Maruxaira por recibirnos e tratarnos tan ben neses lugares tan cheos de maxia! Despois de visitar as librarías fomos ver o Festival Internacional de Xardíns que este ano titúlase "A volta ao mundo en 11 xardíns". Despois de traballar todo o ano sobre países e ter lido "A volta ao mundo en 80 días" non podiamos deixar escapar esa oportunidade. Gustounos moito e pasámolo xenial. Aquí algunhas das fotos da xornada.











 

Hoxe tocaba rematar o Club de Lectura de 5º. O libro que tiñan entre mans era o de "Vampira de biblioteca" que moitos xa remataron e outros fáltalles pouquiño. Como actividade final fixemos un pequeniño proxecto con Scratch e a Makey-Makey. Fixemos interactiva unha foto da nosa biblioteca onde estaba Eleonora e os seus amigos Xa e Mon e mais Leo . Inventamos os diálogos que podían estar diciendo entre eles de tal xeito que ao tocarlles se podían escoitar. Mellor védelo nestes minutiños de vídeo.


Imaxe que fixemos interactiva cos personaxes do libro "Vampira de biblioteca" e Leo


 O LeoClub de 3º e 4º chega ao final do seu camiño por este curso 22/23. O pasado mércores tiveron a última xuntaza na que falaron do último libro que estaban a ler e fixeron n repaso dos que leron ao longo do curso: "Conexión macarrón" de Ledicia Costas; "Superzorro" de Roal Dahl, "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas, "O estanque dos parrulos pobres"de Fina Casalderrey e "Correo urxente" de Paula Carballeira. 





O mércores 19 de abril o noso Leoclub de quinto volveuse reunir para seguir coa lectura do libro "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas. Falaron un ratiño sobre el e logo fixeron unhas actividades en equipo.






 

 Hoxe volveuse reunir o LeoClub de 5º para dar comezo a unha nova lectura: "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas que xa leron os outros dous LeoClubs. Como actividade de introdución/motivación cada un inventou un personaxe fantástico co seu propio nome e cunha labor determinada que realizar na biblioteca. Foi así como xurdiu "Ilumini" cuxa misión é iluminar a biblioteca para que ninguén teña que forzar a vista, ou "O Monstro fantasma" con brazos elásticos para coller os libros máis altos, ou tamén "Sombra Negra" que mantén limpa a biblioteca co seu poder de absorción... Unhas ideas fantásticas e moi ocorrentes!

 Aquí vos deixamos as últimas sesións do LeoClub, a do 8 de febreiro de quinto e a do 15 de febreiro de sexto. Todos os membros do club moi contentos e animados coas súas lecturas. 


 

 

 O mércores 11 de xaneiro tivo lugar o terceiro encontro do LeoClub do grupo de terceiro e cuarto na biblioteca. Nesta reunión xa todos traían rematado o último libro que acordaron ler: "El Superzorro"  de Roald Dalh do que falaron un bo anaco. A continuación entre todos acordaron o seguinte título e desta vez tocoulle a Ledicia Costas de novo co título "Vampira de biblioteca" que xa leran os seus compañeiros e do que tan ben lles falaron. De seguro que neste grupo tamén vai ser un éxito! Por certo, temos un membro máis no grupo que se animou a formar parte desta linda aventura como é a lectura. Estamos encantados de que esta familia medre!.  Na seguinte presentación podedes ver algunhas fotos da sesión.

 

 O mércores 14 de decembro reuniuse o club de lectura de quinto para falar e dar por rematada a lectura de "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas. Intercambiáronse impresións sobre o mesmo e como remate todos fixeron á araña  Lady Horreur para levala de recordo e empregala como punto de lectura. E como non! ao remate da sesión tivemos un rico e doce momento! Aquí vos deixamos as fotos.


 Este mércores 7 de decembro, tivo lugar a segunda reunión do LeoClub de 3º e 4º. Deron por rematada a lectura de "Conexión Macarrón" de Ledicias Costas e decidiron a seguinte. Desta volta tocoulle o turno a " El Superzorro" de Roald Dalh. Quen logrará o seu propósito? Os granxeiros Bufón, Buñuelo e Benito, ou Superzorro? Aquí vos deixamos as fotos deste encontro.

 Hoxe o grupo de 5º de primaria celebrou a súa primeira reunión do club de lectura na que pasaron un rato moi agradable e entretido realizando xogos de expresión oral e de presentación/descripción aos compañeiros. Todos marcharon con ganas de máis e co seu libro "Escarlatina a cociñeira defunta"  de Ledicia Costas na carpeta para comezar a aventura da lectura na casiña. Aquí podedes ver unhas fotos da sesión.

 Hoxe por fin tivo lugar a primeira reunión do club de lectura que se forma por primeira vez no noso cole. Este club está formado por tres grupos, xa que houbo moitos nenos que quixeron beneficiarse desta experiencia que estamos seguros que será moi positiva e proveitosa. Ao ser o primeiro día xuntámonos todos para facer unha presentación e escoller os primeiros libros que imos ler. O grupo de 3º e 4º escolleu "Conexión macarrón" de Ledicia Costas. O grupo de 5º "Escarlatina, a cociñeira defunta"  de Ledicia Costas, e o grupo de 6º decantáronse por outro de Ledicia Costas titulado "Vampira de biblioteca". Houbo agasallos de benvida para todos e marchamos cun doce sabor de boca polo ratiño tan agradable que pasamos que nos soubo a moi poco!