Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 28 de decembro de 2023

SESIÓN DE CINE!!

 Os nenos e nenas do LeoClub de sexto estiveron a ler "Charlie e a fábrica de chocolate" no club de lectura e aproveitando que se estreaba  película de Wonka e que comezaban as vacacións de Nadal o club de lectura convidou a todos os nenos e nenas a unha sesión de cine o mércores 20 ás seis e cuarto da tarde para ver "WONKA"!!!! Todos se apuntaron e pasamos unha tarde moi divertida. Aquí podedes ver fotos da xornada.

              









mércores, 20 de decembro de 2023

Recomendacións de lectura Nadal 2023

 Chegan uns días de descanso, ocio e agasallos e coma sempre desde a biblioteca do cole queremos ofrecervos unha selección de lecturas para animarvos á aventura de ler, xa que iso é unha aposta segura se o que queredes é diversión e desconexión. Esperamos que sexan do voso agrado e que consigan sorprendervos. O equipo de Biblioteca aproveitamos para desexarvos unhas felices festas de Nadal cheas de momentos únicos  e especiais nos que sempre teñades algunha lectura entre mans. Vémonos á volta!!        

luns, 18 de decembro de 2023

Reunión do LeoClub de 1º, 2º e 3º

 O mércores 13 de decembro levouse a cabo unha nova reunión dos grupos de 1º, 2º e 3º. Ose nenos e nenas de 1º traían lido o libro "Un cocodrilo sin dientes", mentres que os nenos de 2º e 3º leron "Perro Apestoso, Feliz Navidad". Ao chegar a biblioteca cada grupo tiña que dirixirse á mesa que considerasen que lles correspondía, atendendo aos elementos que había nelas: unha dentadura xigante nunha e un can de peluche cunha bolsa do lixo ao lado noutra. Para cada grupo houbo diferentes actividades como debuxar diferentes cans ou inventar unha máquina sacadentes. Por suposto tamén falaron do argumento dos dous libros e de se fora ou non do seu agrado. Foi unha xornada moi divertida.




























domingo, 3 de decembro de 2023

Visítanos Loli Bolechas

 A secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a oportunidade de que os Bolechas se achegasen a nosa biblioteca para falarnos das familais monoparentais. Así pois, invitamos a todos os nenos do club de lectura que quixesen a participar desta actividade xunto coas súas familias. Unha vez rematada a sesión do LeoClub de sexto tivo lugar a actividade que foi moi dinámica e divertida. Un conserxe moi simpático púxonos un vídeo no que os Bolechas nos explicaban os tipos de familias facendo máis fincapé nas monoparentais. Logo presentouno a Loli Bolechas coa que falamos un anaquiño. Tamén cantamos unha canción e fixemos un xogo de preguntas. Ao remate da actividade todos os nenos e nenas levaron de agasallo o conto e o caderno de actividades sobre familias monoparentais. Pasámolo xenial!!











                                



Unha xuntanza moi doce...

 A xuntanza do LeoClub de sexto do 29 de novembro foi do máis saborosa!! Xa remataron o libro de Charlie e a fábrica de chocolate, polo que estiveron a falar sobre el e realizaron un xogo de preguntas e a medida que as respondían correctamente conseguían moedas douradas que ían colocando enriba dun taboleiro de xogo con forma de tableta de chocolate. Con todas as respostas correctas todos gañaron unha tableta de chocolate con sorpresa no seu interior: un billete dourado para ir ao cine a ver a película de Wonka que está a piques de estrearse!!!! A sorpresa foi maiúscula! Que ilusión máis grande! Foi unha sesión inesquecible! Aquí podedes ver fotos da xuntanza.