Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 21 de xaneiro de 2024

Club de lectura 2º e 3º: "A escola dos piratas"

 Na xuntanza do mes de xaneiro propuxo as actividades unha pirata amiga de Marta a protagonista do noso libro de Agustín Fernández Paz

Primeiro, falamos uns minutiños sobre o libro, do que trataba, dos personaxes, de si nos gustou, etc...

E logo... puxémonos "mans á obra!" Primeiro, cunha imaxe do noso cole fixemos uns barquiños de papel (xa que na lectura, o cole de Marta comezaba a moverse ata chegar ao mar).

                     

 




Cando xa estaban os barquiños feitos tivemos que levalos ao mar soprando, soprando... e unha vez que chegaron ao mar, de volta ao seu punto de partida (coma o cole do libro que chegou ao mar e logo tivo que voltar a colina na que se situaba sempre).


E xa por último como na nosa aventura lectora todo resultara ser froito da imaxinación dos nenos e nenas dunha clase, decidimos facer desaparecer o que menos nos gustara do mundo. Escribimos e debuxamos o que queriamos facer desaparecer nunhas tarxetiñas, metémolas nunha caixiña e con moita imaxinación... conseguiríamos facelas desaprecer? Non desvelamos nada. Mirade o vídeo e descubrídeo vós mesmos, sorprenderédesvos moito!









Club de lectura de 1º: "O Rei medorento"

Unha nova aventura viviron os nenos e nenas do club de lectura de 1º da man dun rei moi pouco común, pois tiña moitos medos.

O primeiro que fixeron foi tomar posesión dun novo recanto para as súas reuniónsque presentou a "Raíña medorenta" coma o seu reino.
A continuación falaron un ratiño do que lles pareceu o libro que leron. Todos o leron e a todos lles gustou! Asíque.... estaban preparados para participar no concurso "A ver se o sabes!"
Despois do concurso cada un leu en alto o feitizo da meiga (aínda que a meiga o mandase ler tantas veces coma raios ten o sol)

              

                             
Por último tiveron que ordenar o feitizo da meiga, primeiro cada un o seu e logo todos xuntos en equipo. Foi unha sesión moi divertida. Coma sempre!


















mércores, 3 de xaneiro de 2024

LeoClub de 4º. Sesión de decembro

 O pasado 20 de decembro os membros do leoclub de 4º volvemos xuntarnos. 

 Era un día especial, xa que trala reunión ibamos ao cine e estabamos tod@s emocionados.
Nembargantes, foi de novo unha reunión variada:
 - Falamos do que lle está a acontecer a AMY e a súa pandilla!!! 
- Démoslle voltas a unha palabra que se repite moito na historia de Amy, a palabra CENSURA. Interesantes respostas!!!
 - E tamén nos deu tempo de inventar novas palabras a partir das súas letras. Desas palabras... botándolle unha pinga de imaxinación... Naceron MÁQUINAS!!!. Máquinas para???.

 Foi unha sesión moi animada.
 Lembrade que falamos que no Nadal non hai mellor maneira de relaxarnos que... acabando a nosa aventura!!!. 
Na seguinte sesión, toca escoller un novo libro no que perdernos!!!