Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 9 de novembro de 2023

Nova sesión dos máis peques do LeoClub


 O mércores 8 de novembro tivemos unha nova sesión do LeoClub de 1º, 2º e 3º. O primeiro que fixemos foi unha mestura de contos. Cada un tiña que escribir quen era o/a protagonista do libro que leu, como era, que lle pasaba e como se solucionaba ao final. Logo córtanse os diferentes apartados e mestúranse para formar novas historias. 



A continuación escolléronse os libros dos diferentes grupos. En 1º tiñan que elixir entre tres propostas: "Como bañar a un marciano", "Un cocodrilo sin dientes" y "El domador de monstruos". Vimos de que trataba cada un deles e ao final o elixido foooooii.... "Un cocodrilo sin dientes".


No grupo de 2º e 3º tiñan que elixir un dos títulos da colección de "Perro Apestoso", aínda que había diferentes opinións, a decisión final foooooii... "Perro Apestoso, ¡Feliz Navidad!" seguro porque son unhas datas que están próximas.
E xa para rematar e antes de marchar fixemos un ensaio de como sería ser un "Booktuber", para preparar algún vídeo en vindeiras reunións. Unha vez máis pasámolo xenial!!











mércores, 1 de novembro de 2023

Arranca o LeoClub de 6º

A rapazada de 6º estaba ansiosa por comezar o club de lectura e por fin o 25 de outubro foi a súa quenda. Na xuntanza falaron dos seus compromisos para este curso e asinaron os acordos cos que se comprometeron. Tamén escolleron de entre as propostas de lectura a que lles parecía máis interesante, resultando elixida por maioría "Charlie e a fábrica de chocolate". Comeza a nova aventura!