Para esta xuntanza o alumnado de 3º e 4º leu o libro "Lobo Ramón" de María Canosa. A primeira parte da sesión estivemos a falar das historias deste lobo tan poco peculiar.
Que opinades de que o lobo queira vestirse con saias de volantes, pendentes e tacóns?
Que vos parece que sexa vexetariano?
Que é unha pluma estilográfica?
Como lle demostrou ao seu amigo o raposo que necesitaba lentes?
Que foi o que máis vos gustou da historia?
Ramón evos un lobo fóra do común. Non hai porque terlle medo porque el só quere axudar. Ten un corazón ben grande e é moi amigo dos seus amigos.
E xa temos preparada a seguinte aventura...






