martes, 21 de abril de 2026

Leo Club 2º Abril

E logo... Quen vai recoller as cacas do can? 

Pois sí, este é un dilema e un enorme problema que moitas veces observamos nas rúas que non está resolto. 💩 Menos mal que os Leoríns Leorados temos a solución grazas ao  último libro que lemos de Ricardo Alcántara.

É un libro divertido porque se soubésedes a cantidade de ocorrencias que teñen pai e fillo con tal de non recollelas cacas do seu canciño... ata tentan ensinarlle a usar o retrete.

E como de cacas ía a cousa, nesta sesión fixemos unha "xincana pestilente" con seis xogos relacionados con cacas.

 XOGO 1
    XOGO 2 

               XOGO 3
 XOGO 4
XOGO 5
XOGO 6
Algúns xogos eran coñecidos, pero noutros os Leoríns tiveron que ler as instrucións para poder xogar.
Foi unha xornada divertida e fedorenta na que:
☝adestramos a atención, xa que houbo que estar moi atentos ao sinal para cambiar de xogo,
☝exercitamos a paciencia, xa que houbo que esperar a quenda
☝pasámolo xenial, porque o importante era gozar con esta nova proposta do Club de Lectura,non gañar.

e na que quedou claro que temos que recoller as cacas do noso can e da nosa cadela.

E sabedes cal imos ler agora os Leoríns Leorados?
 "Cacarabín, cacarabón" de Antonio García Teijeiro