luns, 4 de maio de 2026

Xornadas de Clubs de Lectura 2026


Velaquí o programa da XORNADA DE CLUBS DE LECTURA  deste ano.

Nesta ocasión, o noso centro está dobremente presente:

- Yolanda, coordinadora da nosa biblioteca e coordindora dos diferentes clubs de lectura que están a funcionar, compartirá entre outros aspectos experiencias sobre a dinamización do club de lectura.

- Uxía, alumna de 6º de EP e membro no club de lectura desde os seus inicios no noso centro cando cursaba 3º de EP, dará a súa visión de formar parte activa no mesmo curso tras curso.

GRAZAS ás dúas por facer posible que o noso club funicione e por compartir a vosa experiencia, e grazas á asesoría de Bibliotecas por valorar o noso traballo e darnos a oportunidade de compartilo.