domingo, 17 de maio de 2026

LeoClub 2º Maio 2026

Hai uns días propuxémoslles aos nosos Leoríns Leorados preparar un poema de "Cacarabín, cacarabón", pero non para ser recitado,non.
O reto que asumiron os nosos valentes e ousados lectores foi cantar uns poemas de folclore infantil abrazando a cultura hip-hop.
Traballaron arreo: elección do poema, elección da base musical que ían empregar (que amablemente a profe Yolanda subiu ao blogue da Biblioteca para que escolleran), ensaios a tope, elección dos complementos para a actuación,...
Moito traballo, moito esforzo, 
moita creatividade e moitas risas.

E así foi como a nosa biblioteca se transformou no escenario ideal para    rapear os poemas de Antonio García Teijeiro. AQUÍ PODEDES VER OS VÍDEOS

Uns grandes artistas!

E despois deste extraordinario espectáculo e para rematar a nosa andadura no LeoClub de 2º, avaliamos as lecturas deste curso.Tarefa difícil, xa que só podían elixir un de entre todos os libros leídos.
Quedou claro que aínda que gustaron moito todos,os clarísimos vencedores foron os 
 Cómics de Miñoca do noso querido Ramón D. Veiga

E isto foi todo amigos e amigas!
polo momento,porque o 3 de xuño...