luns, 11 de maio de 2026

LeoClub 5º e 6º. Abril 2026

A última aventura que nos espera aos intergrntes do Club de lectura de 5º e 6º é un libro que. seguro, non deixa indiferente a ninguén.

Trátase de INVISIBLE.

Como algunha nena xa o lera, é o momento de ler REDES.

E como algunha xa leu os dous, buscamos na nosa superbiblioteca apetitosas opcións e... Que tal se le WONDER?... Penso que imos acertar!!!

Levamos xa unhas semanas lendo pero este non é un libro calquera: non ten sinopse, os capítulos son curtos, non ten unha trama definida dende o principio... e como dixo un dos membros: "Profe, e que eu levo xa bastantes páxinas e... penso que non ten moito sentido"

Pois tampouco imos adiatarnos, porque igual o encanto do libro é que cada un lle vai collendo sentido ao seu ritmo!!!

Entón, nesta ocasión, tendo en conta que cada un vai ao seu ritmo na lectura (e hai quen xa o leu), imos a dedicarnos a levar a cabo unha dinamica que nos vai a axudar a reflexionar non só arredor do libro, senon tamén arredor da vida.

Pódese dicir que imos preparar o noso terreo emocional traballando a INVISIBILIDADE como un SUPERPODER e a mesma INVISIBLIDADE como algo IMPOSTO.

Comezamos pechando os ollos e imaxinando que temos os superpoder da invisiblidade. Ao abrilos

imos escribir nun papel e nunha ou poucas palabras Para que o usuariamos? Que fariamos se ninguén nos puidese ver?" (Viaxar, explorar...). Ese papel, do que estamos orgullosos e emocionados, ímolo a gardar no peto.


A continuación, o noso ton e estado anímico mudou, imos a imaxinar esa invisibiliade imposta, neste caso imaxinamos que somo invisibles porque "outros" decidiron non mirarnos, non xogar con nós, non escoitarnos.... 

Ao finalizar escribimos nun papel, unha das emocións que sentimos neste caso. FInalmente, é un papel que non queremos gardan no peto, queremos engurralo e gardalo nun bote trasnparente que temos no centro do noso grupo.


REFLEXION FINAL:

 "Por que o mesmo superpoder (a invisibilidade) nos fai sentir libres nos nosos petos, pero sentirnos como lixo dentro deste bote?"

 "É máis invisible aquel que non pode ser visto ou aquel que todos ven pero ninguén quere recoñecer?"

"Por que todos os que estamos arredor, nos quedamos mirando para o bote e non actuamos", Reflexionamos pensando en que moitas veces o máis fácil é o menos adecuado. A indiferencia dos espectadores FAI DANO

 "Neste libro que imos ler, hai un neno que ten este poder. Pero non sabe se é un don ou unha maldición. E o máis importante: hai un dragón que só aparece cando a dor se fai demasiado grande".