Tivo lugar unha nova xuntanza do Club de lectura na que falamos das impresións e opinións que tiñamos sobre a magnífica e sorprendente Ana.
Coma noutras ocasións, unha vez que nos metemos na aventura de ler un novo libro, cada lector é un mundo e polo tanto atopámonos con que... uns/has van no capítulo II, outros/as na metade do libro, algún/ha comezando está e hai quen xa o rematou.
No noso equipo podemos superar este natural "contratempo" e fomos capaces de falar do libro sen anticipar acontecementos que algún/ha aínda descoñece.
Nesta ocasión centrámonos na descrición física e da personalidade dos personaxes do libro pero dunha maneira diferente. Fixemos equipos, a cada un tocoulle a imaxe dun personaxe e a usando unha pequena ficha a modo de guía fomos facendo un "retrato" d@ personaxe. Desta de maneira, segundo ía avanzando a información dada, os demáis equipos debían tratar de acertar de quen falabamos.
Non foi tan doado, xa que no noso libro non aparecen case imaxes e as imaxes coas que traballamos foron sacadas da serie de televisión. Por esta razón, houbo algunha que outra confusión.
Realmente imaxinabamos así a Rachel Lynde ou ao señor Cuthbert?
E que opinades a Marilla?
É sempre real a imaxe física que construímos na nosa cabeza sobre personaxes, persoas das que escoitamos falar...? Esto foi tema de debate.
Seremos capaces de facer actividade usando palabras "tan completas e especiais" como as que usa Ana?
Foi outra xornada diferente e como sempre curta. Tamén tivemos tempo de pasar a carón do mural que fixemos sobre a nos anterior aventura "Saínza a Punkieteira". Gran traballo!!!
Vémonos na seguinte sesión, na que xa a maioría (ou todos) teredes rematado o libro!!!.
Para @s que xa o remataron, vimos que na nosa biblioteca hai outras versións do libro (incluso unha serie con varios libros da mesma colección) que podemos aproveitar para ler, xa que según comentamos, quedamos con GANAS DE MÁIS!!!