Co A: Neno aventureiro ao que lle gustan os libros e a música.
Co B: Cousa que facía Rasi cando todos os nenos e nenas lle preguntaban.
Co C: Lugar onde os nenos e nenas aprenden.
Nesta sesión, os Leoríns Leorados enfrontáronse a un taboleiro de letras baleiro que tiveron que encher xogando ao Pasapalabra de "A despensa máxica" de Begoña Oro, último libro que levaron.
De xeito individual tiñan que coller unha letra e escoitar con moita atención a definición;para así lograr colocar a letra no seu oco do taboleiro. Se algunha dúbida xurdía, que sí que xurdíu, podían pasar palabra e pór a maquinaria do cerebro a rebuscar entre as lembranzas do libro lido.
Divertido non sí? Seguro que vos gustaría xogar tamén, pero ...NON NON NON!
Como ides participar senon lestes o libro de Begoña Oro?
Si que é certo que algunha seguro que adiviñades porque sodes list@s.
ATENTOS/AS!
Contén o Ñ: Onomatopea que aparece nos cómics cando comemos ou algo está delicioso.
Esta era sinxela, pero outras imposibles sen ler o libro.
O importante é que a sesión foi un * ________
*Co E: Sinónimo de triunfo
E que nas sesións dos Leoríns Leorados pasámolo * _________
E o vindeiro libro a ler "Os Mug,atrapados no móbil".Outra historia divertidísima de Begoña Oro.

.jpg)




