martes, 3 de marzo de 2026

LeoClub 3º e 4º Marzo 2026

 Para esta sesión traiamos lidos uns cómics de Ramón D. Veiga: "Miñoca e coello" e "Miñoca e ourizo" e todos coincidimos en que foron moi divertidos. Primeiro estivemos a falar se nas páxinas en que non había texto tamén había algo que ler e todos/as estaban de acordo en que os debuxos tamén se len pois nos contan moitas cousas e dan moita información importante para entender a historia. Logo estivemos a falar dos distintos tipos de bocadillos e fixemos un xogo no que a cada quen lle tocaba un tipo de bocadillo e tiña que dicir un texto adecuado e coa entoación axeitada. Finalmente repartimos outros bocadillos nos que xa había un texto que tivemos que ler e ordenar para que tivesen certo sentido. Pasámolo xenial. Antes de marchar decidimos cal sería a nosa seguinte lectura. Podiamos escoller entre ler o outro cómic que non leramos ou outro libro de narrativa de Agustín Fernández Paz. Por maioría absoluta escollemos o outro cómic que non leramos. Vémonos en marzo rapaces!!