martes, 10 de febreiro de 2026

LeoClub 2º e 3º Xaneiro 2026

 Na sesión deste mes, no LeoClub de 2º e 3º traballamos co libro de fina Casalderrey "O misterio da casa do Pombal". Primeiro de forma espontánea cada quen foi dicindo o que lle pareceu esta historia pois a uns lles gustou e a outros lles gustou menos. Logo fixemos varios xogos. O primeiro deles consistiu en ordenar imaxes referidas a historia na orde en que sucederon.


                                     

A segunda actividade trábase de conseguir abrir un cofre, como o da lectura, pero éste tiña dez pechaduras. Conseguirían unha chave se respondían correctamente a dúas preguntas por chave. Tiñan que se axudar entre eles e se o lograban o premio sería o seguinte libro de lectura para o vindeiro mes.



Pasámolo xenial e conseguimos as lecturas par aa próxima xuntanza. Uns cómics de Ramón D. Veiga coa Miñoca máis divertida do mundo. Xa vos contaremos!