Cal era o segredo de Zoe? O libro que leron os nenos e nenas de primeiro foi "O segredo de Zoe" de Fina Casalderrey. Primeiro falamos de quen escribiría esa historia tan bonita, se sería home ou muller e de cómo o poderíamos saber. Tamén nos paramos en quen faría as ilustración preciosas que o acompañan. Descubriron que os seus nomes aparecen na portada do libro e que non coincide a persoa que o escribe coa protagonista da historia. Logo estivemos a recordar toda a historia para chegar á conclusión de que o o realmente valioso non é o material, senon o tempo que pasamos coa xentiña que queremos.
Para rematar aprendemos a facer con papel o barco no que o pai de de Zoe pasaba tantas semanas pescando peixe.
E como broche final un ovo sorpresa de chocolate igual ao de Zoe!
Pasámolo xenial e aprendemos moito. E xa levamos o seguinte título na nosa carpeta: "A ovella á que o lobo lle comeu a sombra" de Carlos López.







