Na reunión deste mes tocounos resolver moitos problemas como a protagonista do noso libro "Dona Problemas" do Hematocrítico. Dentro da cesta dos problemas había un feixe deles. Algúns eran os do libro, aos que Carlota lles buscou solucións moi acertadas e outros eran problemas que podiamos ter calquera de nós. Cada quen foi collendo un dos papeliños e lendo o problema en cuestión. Había que identificar se era un problema do libro e contar como o solucionou Carlota, ou se era outro problema novo ao que lle había que poñer solución entre todos. Por exemplo...
Que fariades se un amigo quere ir de excursión de fin de curso á praia pero non sabe nadar? As respostas foron moi acertadas: quedarme xogando con el na area, facer unha piscina con caldeiros de auga na area, deixarlle os meus manguitos... e se un amigo está triste porque non recibiu ningún agasallo de nadal? E se hoxe toca música e o meu amigo non trouxo a frauta? Moi enriquecedoras todas as respostas...



Tamén nos tocou falar de como solucionou Carlota o problema de Gonzalo que estaba ameazado por Hugo, "O Mangallón". Resultou que a solución chegou da man dun estilo de música chamado K-Pop do que Hugo era superfán. Descubriu que había máis nenos aos que lles gustaba e así comezaron a compartir unha afección en común e incluso formaron un club de fans.
Para coñecer un pouquiño máis do K-Pop os Lectores do Circo, este mes terán que investigar na internet e completar un ficha coa información que atopen.
E como veñen unhas semanas de vacacións levamos tamén un lectura máis chea de misterio....





