venres, 5 de decembro de 2025

LeoClub 2º Decembro 2025

 Adiviña adiviña!

Son unha banda ben xeitosa 

á que lle encanta ler

xúntanse por amor á lectura

un mércores de cada mes.

Sabedes xa que grupo é? 

Efectivamente, os Leoríns Leorados, que un mércores mais compartimos tempiño e unha chea de adiviñas que trouxemos da casa. Adiviñas, que son pequenos tesouros recuperados polas nosas familias  e  que forman parte da nosa tradición oral.

Aínda que o libro que lemos no mes de novembro tiña "100 adiviñas para enredar", na sesión deste mércores os Leoríns Leorados lemos a que trouxemos da casa e os demais tivemos que dar coa solución.

      Algunha era ben difícil!


Ademais tamén escribimos as nosas adiviñas para que quedaran recollidas na nosa biblioteca para a posteridade e comezamos  a gravar algunha delas na nosa radio coa idea de que toda a xentiña do noso cole as escoite e tente resolvelas.

E para rematar a última xuntanza dos Leoríns Leorados deste 2025 tocaba coñecer que novo libro nos atraparía: Os fantásticos cómics de Ramón D. Veiga protagonizados pola Miñoca máis coñecida do mundo.

Vémonos en xaneiro!