xoves, 13 de novembro de 2025

LeoClub 6º. Outubro 2025

 O club de 6º, nesta primeira sesión do curso, comezou dándolle a benvida a Lucía e Candela, dúas novas incorporacións coas que imos seguir gozando un montón.

Benvidas Lucía e Candela!!!

A primeira aventura deste curso ten formato de álbum ilustrado e vén da mán da magnífica María Canosa.

 Imos coñecer a SAÍNZA, A PUNKIERETEIRA!!!. Saínza é unha rapaza alegre, dinámica e loitadora. Encántalle a música e é unha gran defensora da natureza.

Desexando coñecer a súa historia, va que si?

Ademáis, nesta primeira sesión adicámoslle un pouco de tempo ao xogo MIMIC. A mímica permítenos desenrolar aspectos tan importantes como: expresión corporal, creatividade, imaxinación, empatía, conciencia dun mesmo, vocabulario...

Pasamos un anaco divertido e quedamos con ganas de máis.

Ata a próxima EQUIPO!!!