Na segunda xuntanza dos Leoríns Leorados quedou claro que leron o libro "Ai que medo! de cabo a cabo, prestando atención non só as diferentes situacións e aventuras que lle aconteceron a Farruquiña, senon tamén a cada palabra do libro.
E é que nesta sesión os dous equipos enfrontabámonos nun emocionante concurso de 24 preguntas sobre o libro da pequena bruxa.
Estivo moi apaixonante e igualada a cousa. Non o credes? Pois velaquí tedes o resultado final: EMPATE
E para que vexades o ben que o pasamos ...







