martes, 11 de novembro de 2025

LeoClub 1º Novembro 2025

 O primeiro mércores de novembro xuntáronse os nenos e nenas do LeoClub de primeiro e falaron do libro que leron ese mes "A abelliña que perdeu as ás". A todos lles gustou moito e todos se acordaban moi ben de todos os animais aos que a abelliña lles foi preguntando se viran as súas ás. Para recordar aínda máis esa bonita historia e antes de marchar fixeron en cartolina á protagonista da historia.