Chegou o día da xuntanza dos Lectores do Circo de 3º e 4º! A lectura que lemos neste mes foi "Superzorro" de Roald Dahl e todos coincidiron en que foi divertido e que facían moitas trasnadas e que o banquete final que fixo Superzorro foi o mellor. Para traballar esta lectura fixemos dous xogos. O primeiro deles consistía nun taboleiro que era un galiñeiro con galiñas e ovos que entre todos tiñan que salvar antes de que o raposo avanzara polo camiño ao galiñeiro e os atrapase. Un xogo colaborativo que lles encantou do que fixemos varias partidas.




Despois de facer ese xogo fixemos outro con 20 preguntas sobre a lectura. Según as respondían correctamente conseguían un alimento que ían colocando nun camiño para finalmente pòder celebrar un banquete ao igual que fixera Superzorro. Había 20 minutos para respondelas todas e penalizaban as respostas incorrectas restando segundos. Finalmente conseguiron chegar ata a mesa onde estaba o banquete porque responderon todas as preguntas correctamente.
O banquete consistiu en alimentar a mente cunha nova lectura para o vindeiro mes: "Dona Problemas" do Hematocrítico e como non, alimentar o corpo cuns saborosos flocos de millo. Pasámolo xenial!!
















