O mércores 29 tiveron a súa primeira xuntanza as rapazas do LeoClub de 5º. Van ler o libro "O Equipo das Rapazas" de Paqual Alapont e para ir entrando en materia despois de falar un pouquiño do que trata e de nomear a Rosa Parks coa que se toparán entre as páxinas do libro , puxéronse mans a obra e comezaron a darlle forma a un lapiceiro "moi futbolístico".



