Un curso máis volvemos poñer en marcha o noso LeoClub que cada vez conta con máis membros para satisfacción nosa. O primeiro grupo en comezar foron os máis cativos, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. No primeiro día como corresponde saudámonos e fixemos as presentacións. Logo falamos de por que se apuntaran ao Club de Lectura e que lles gustaría facer nel. Logo xogamos a adiviñar quen sería a protagonista do primeiro libro co que pasaremos un ratiño moi divertido. O título é "A abelliña que perdeu as ás" de Ramón Romero Nogueira. Agardamos que vos guste!



