martes, 21 de outubro de 2025

3-2-1 Arrinca a súa andaina o LeoClub 2º Outubro 2025

O mércores día 15 comezaba a andaina do club de lectura de 2º con moitas  caras novas. Estamos felices porque cada día somos máis os amantes da lectura e dos bos momentos que os libros nos ofrecen.

O primeiro foi buscar un nome que nos identificara como equipo. Unha tarefa sinxela feita entre todos.

Somos "Os Leoríns Colorados"

A continuación cada un de nós fixo unha chapa co nome do grupo. Quedaron chulísimas e todas diferentes.

 
Unha vez tivemos a insignia dos Leoríns Colorados lembramos entre todos que é un club de lectura e cales son os requísitos e normas para sacar o máximo proveito aos libros propostos  e aos momentos de xuntanza do club.

E chegaba por fin o momento de coñecer cal era a primeira lectura. O título do libro que nos atraparía este mes

"Ai,que medo!" de Ricardo Alcántara

Con moita curiosidade, ilusión e formulando moitas hipóteses por ese título e esa portada,  despediámonos desta primeira sesión.

O que os Leoríns Colorados non sabían e que uns días despois ían recibir un sobre negro cunha tarefa arrepiante.