Este curso despedímolo no Club de Lectura dunha maneira moi especial. Despois de meses compartindo lecturas, conversas e emocións, puxémoslle o broche final cunha sesión de cine na biblioteca.
A actividade tivo lugar o pasado 11 de xuño, e a película elixida non foi outra que "El Principito", a adaptación cinematográfica do último libro que lemos en todos os grupos. Foi unha maneira fantástica de reencontrarnos co universo poético e filosófico deste clásico da literatura, desde outra perspectiva e cun formato diferente, que nos encantou.
Para crear un ambiente aínda máis especial, houbo sesión de cine completa: proxector, luces baixas... e palomitas para todos e todas! A biblioteca transformouse por unhas horas nun pequeno cinema escolar cheo de risas, ilusións e reflexións compartidas.
Pasámolo xenial e marchamos coa sensación de ter vivido algo bonito xuntos. Grazas a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo ao longo do curso, polas súas achegas, polas súas ganas de ler e compartir. E grazas tamén ás familias por apoiar esta iniciativa.
Desexámosvos un bo verán e… seguide lendo!









