Hoxe tivo lugar a primeira reunión do LeoClub de 3º e 4º. Había ilusión e nervios. Ilusion naqueles/as que repetían e xa son veteranos/as e nervios naqueles/as para os/as que era a súa primeira vez e non sabían o que pasaría, o que se fai nun Club de Lectura, etc... Para tranquilizar eses nervios os/as compañeiros/as contaron todas as cousas que fixemos en anos anteriores e logo entre todos escollemos un nome para o noso grupo. O elixido foi: "Os lectores do circo".
Tamén falamos de qué cousas nos gustaría facer este ano no Club de Lectura e saíron moitas ideas: ver unha peli, facer algo con bichos, ler un libro sobre o bosque e ir ao bosque, facer algo na cortadora láser, facer un vídeo con disfraces...A continuación falamos do primeiro libro co que pasaremos uns ratos moi divertidos ao longo deste mes e coñecemos aos seus personaxes cos que xa botamos unhas risas porque son do máis extravagantes. Quedamos con ganas de continuar lendo, pero agora toca facelo na casiña!
Como o protagonista da historia é un raposo, fixemos un marcapáxinas de cartolina coa súa cara que quedaron moi simpáticos!









E aquí estamos todos marchando co noso traballiño feito e con moitas ganas de chegar a casa e continuar lendo o noso libro. Que pasará co "Superzorro? Conseguirán Benito, Buñuelo e Bufón cazalo?











