O equipo LeoClub de 5º aproveitou esta sesión para falar da nosa última aventura lectora do curso.
Non podía ser outra que unha adaptación de "El Principito".
Comezamos a sesión repasando a historia a través da rápida lectura do Principiño para os máis pequenos. Esto fíxonos comentar semellanzas e diferenzas coa lectura do noso libro.
Quedounos bo sabor de boca... Que tal se lemos outras versións do memos libro???
Podemos intentalo!!!
Para finalizar adentrámonos no incrible e relaxante mundo da "papiroflexia"...
- Só dobrando, sen necesidade de pegar nin recortar, podemos facer miles de figuras.
- Ata aquel@s que pensaban que non ían ser capaces... déronse conta que concentrándose e... dobrando e redobrando... podemos conseguilo.
- Aínda por riba... engancha un montón...
- E para finalizar... ten o poder de relaxarnos.
... e deste xeito conseguimos facer seguindo os pasos, nada máis nin nada menos que unha fermosa Rosa. Será a rosa do noso "Principiño"?
"Fue el tiempo que pasaste con tú rosa lo que la hizo tan importante"
EL PRINCIPITO