Na última sesión do curso do LeoClub de 3º e 4º traballamos arredor do libro do Principiño. Todos os grupos do Club de Lectura leron este libro xa que está moi relacionado co noso PDI do Universo. Despois de falar acerca da historia cada un presentou o planeta que creou. Todos foron moi orixinais e creativos. Para rematar coa técnica do origami realizamos a rosa amada do Principiño. Nas fotos podedes ver a sesión.







