luns, 12 de maio de 2025

LeoClub de 1º e 2º. Sesión de maio 2025

Nesta sesión todos os nenos de primeiro e segundo traían lido o libro do Principiño, un clásico da literatura escrito por Antoine de Saint_Exupèry. Primeiramente fixemos un faladoiro no que falamos dos personaxes que atopou o Principiño en cada planeta, e tamén dalgunhas das ensinanzas que podemos extraer da súa lectura. A maioría sabían que que "Só se ve ben co corazón" e que hai que coidar as cousas que temos e queremos. Despois de falar fixemos en cartón un dos personaxes do libro: o raposo. Pasámolo xenial e aprendemos que o raposo é un personaxe clave na historia, xa que lle ensina ao Principiño o significado de "crear lazos" e de "ver co corazón". A súa elaboración serve como ferramenta lúdica para interiorizar esta mensaxe, favorecendo a aprendizaxe significativa a través da experiencia práctica.