Comezamos a sesión falando de quen esgotou este Nadal a paciencia da súa familia por estar estar en bucle coas 100 Adiviñas do libro que leron en decembro. Moitos!!!!
A continuación fixemos 2 grupos co seu correspondente capitán para participar nun concurso de adiviñas do propio libro. Houbo empate!!!
Tivemos que desempatar con adiviñas especiais que non estaban no libro. Esta vez tiña que dar coa resposta todo o equipo.
Como son nenos e nenas moi espilidos e espilidas, volveu haber empate!! Asique gañaron os dous equipos!
A seguinte proposta foi crear en grupiños de tres a súa propia adiviña, cumplindo coa condición indicada nunha tarxeta.
E coma sempre rematamos a sesión coñecendo ilusionados o libro que nos vai ter atrapados ata o seguinte encontro. "A ovella á que o lobo lle comeu a sombra" de Carlos López.