Trátase dunha historia que fala de empoderamento, unha historia que nos "enganchou" dende a primeira páxina. Tanto foi así que mesmo algúns membros do club, xa a remataron antes desta primeira sesión do ano.
Nesta sesión, na que non puidemos estar o equipo ao completo por estar vari@s nen@s enfermos, fixemos unha parada nunha das páxinas, nun dos diálogos, nunha reflexión...
"Se fose por xente coma ti, Rosa Parks aínda iría de pé no autobús"
Así é como se dirixiu Chusa, unha das nenas da nosa historia, á nosa protagonista. Unha maneira directa de darlle forzas para loitar.
Pero... Quen foi Rosa Parks???
Pois puxémonos mans á obra da man doutros libros da nosa biblioteca lembrando que os libros son unha das fontes máis fiables onde podemos resolver dúbidas.
A historia de Rosa Parks non nos deixou indifentes, tanto foi así que a sesion se fixo moi curta e algúns membros do equipo leváronse libros para a casa, prometendo cotarnos máis sobre a valente Rosa Parks asi como os exitos que logrou grazas a facer e crer no que facía.
Ademáis, entre tod@s plantexámnos situacións inxustas, situacións que seguen a acontecer ou non grazas a persoas como Rosa Parks.
IMAXINA...
Reflexión de EQUIPO,,,
"O mundo necesita máis ROSA PARKS"