Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software de lector de pantallas). Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 16 de xaneiro de 2025

LeoClub 1º. Sesión de xaneiro

 Nesta sesión traballamos co libro que lemos nas vacación "A abelliña que perdeu as ás" de Ramón Romero Nogueira. Primeiro falamos sobre el e fomos recordando as personaxes ás que a abelliña lles foi preguntando se viran as súas ás porque non as atopaba. 

A que animais lles preguntou a abelliña se viran as súas ás?

Despois estaba previsto un xogo con tarxetas, peeeeeero.... Tamén estaban perdidas! Non sabiamos onde puideran quedar. como non aparecían na clase saimos polo cole a preguntarlle a quen atopabamos se viran as nosas tarxetas nalgún sitio. Preguntamos a profes, persoal de limpeza, miramos en aulas, biblioteca, sala de profes... ata que Elia nos dixo que podían estar no "Recuncho voador" porque é un lugar con libros asique fomos mirar e.....
Alí estaban!! Colgadas dunha corda con pinzas, como as ás da abelliña!!



Abrimos o primeiro sobre e había moitas palabras desordenadas. Conseguimos ordenalas e formar unha frase..



Abrimos o segundo sobre e ordenamos as tarxetas na orde exacta na que a abelliña lle foi preguntando aos animais s eviran as súas ás. 

Faríamolo ben? Tiñamos que comprobar se estaba ben feito...

 Fomos lendo cada un una páxina con gran alegría cada vez que comprobabamos que as tarxetas estaban na orde correcta!

Pasámolo xenial e levamos un novo libro para a seguinte sesión: "A ovella á que o lobo lle comeu a sombra" de Carlos López. Unha nova aventura de animais que se axudan entre eles. Agardamos que o pasedes ben con esta nova lectura!

Felices co novo libro!