O mércores 30 de outubro tivemos a primeira xuntanza do Club de Lectura de 5º e 6º.
Tiñamos moitas ganas de comezar... e que mellor maneira de facelo que botándolle unha ollada a como está quedando a nova biblioteca...
Logo dun intercambio de impresións, coñecemos o título do primeiro libro que leremos: "Escarlatina, a cociñeira defunta". Un libro de Ledicia Costas que encaixa moi ben arredor da celebración do Samaín.
Lembrades que hai dous cursos lemos o libro de "Vampira de Biblioteca" que é da mesma autora?.
Este título, seguramente tamén e un gran acerto!
E falando de Ledicia Costas, finalmente pasamos un bo rato inventando disparatadas historias a través do seu xogo "Porquelandia".
O seguinte día continuamos...
Aínda que non puidemos xuntarnos todos, pasámolo xenial.
Ata a próxima equipo!!!