domingo, 27 de outubro de 2024

Sesión Outubro 2024 do LeoClub de 3º e 4º

O mércores 23 de outubro tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura de 3º e 4º. Ao ser o primeiro día fixemos as correspondentes presentacións e decidimos poñer un nome ao noso grupo. Despois de debatilo durante uns minutos o elixido foi "Leomáxicos". A continuación cada un fixo a súa chapa na que lle escribimos o nome elixido. Por último falamos do primeiro libro que imos ler este ano. O elixido foi "Casas" de Paula Carballeira, porque Paula Carballeira é un acerto seguro, porque a todos nos gusta voltar e estar na nosa casiña e porque queremos que estar no Club de lectura sexa como estar na casa. Primeira aventura en marcha!