mércores, 6 de novembro de 2024

Sesión LeoClub 1º e 2º Novembro 2024

 Hoxe 6 de novembro, reunímonos nunha nova sesión os grupos de 1º e 2º, e aínda que de momento estamos a ler o mesmo libro reunímonos cada un nun espazo (polo de agora, aínda non pode ser na biblioteca) e éstas foron as actividades que realizamos:

Primeiro lemos un pouquiño todos en corro o libro deste mes "O misterio das bagas douradas" de David Fernández Sifres.

                                              

                                     

Falamos sobre o libro e todos coincidiron en que lles gustou moito.
A continuación realizamos as diferentes actividades/ xogos sobre o libro. Primeiro a sopa de letras.






Logo "Superpreguntas". O azar decidiu quen tiña que responder e qué pregunta tiña que responder. Tiñamos que estar moi atentos por se había rebote.










E por último resolvemos que catro desastres medioambientais aparecían no conto.
E antes de marchar resolvemos un misterio máis: o novo libro de lectura.

Aquí estaban ocultos os novos libros!



Felices co novo título! O PEQUENO SHERLOCK TÓUPEZ NA GRUTA DOS MORCEGOS de Rocío Antón e Lola Núñez