xoves, 2 de maio de 2024

LeoClub 1º . Sesión de Abril

 Que ganas tiñan de ler este libro os peques do Club de Lectura! E non os defraudou. Ninguén está preparado para que de súpeto apareza na súa vida unha persoíña coa que compartir todo o que ata ese momento só che pertencía a ti. E ademais non sabe facer nada e hai que facerllo todiño! Pois ben, desta vez quedáronnos moi clariñas as instruccións para bañar a un marciano, que non é nin máis nin menos ca un irmán! E por se alguén todavía non sabe os pasos a seguir, eles deixáronnolos ben claros con estes vídeos. O primeiro foi así, no momento! pero no segundo, xa somos expertos, porque estudamos e ensaiamos coma os actores e actrices de verdade! Aquí volos deixamos.

Libro que leron no LeoCLub de 1º
"Como bañar a un marciano" de Franco Vaccarini