"Non é tan doado ser neno". Ese é o título do libro que leron este mes os nenos e nenas de 6º. O título xa nos pode dar que pensar, e de feito, ao igual que fixo Fernando, o protagonista da historia, pediron axuda aos seus compañeiros do cole. Fernando cambiaba lambetadas para que os compañeiros lle contasen os seus problemas a ver se así podía atopar unha solución ao seu. Os/as nenos/as de 6º querían saber qué opinan os demais sobre si é doado ser neno e deixaron un cartel na caixa do correo para que os/as nenos/as que quixeran contestasen a pregunta "É doado ser neno?"Coas respostas que deixaron comezaron a súa sesión, moi enriquecedora e chea de reflexións e diferentes puntos de vista. Para rematar a xuntanza xogaron ao xogo "Quen son?"


