O 9 de maio xuntámonos nunha nova sesión do Leoclub, pero desta volta igual ca fixeramos nas primeiras sesións, estivemos os dous grupos xuntos (o de 1º e o de 2º e 3º). Nesta ocasión a lectura tratábase duns cómics que están no blog relacionados con animais. A primeira parte da sesión estivemos falando deles, lendo algunhas das viñetas e recordando cal foi a que máis nos gustou para compartila cos demais.
![]() |
Lendo e falando dos cómics |