domingo, 8 de febreiro de 2026

LeoClub de 5º e 6º Xaneiro 2026

 Na nosa sesión de Xaneiro, que tivo que levarse a cabo a primeira semana de Febreiro, demos comezo a unha nova aventura: "Ana de las Tejas Verdes".

Comezamos aprendendo que esta antiga novela ten múltiples versións e que aínda que pode haber pequenas diferencias con respecto á orixinal, non se perde a esenza da historia e moito menos os valores que transmite.

Tamén sabemos que hai unha serie basada na historia da sorprendente Ana Shirley, a protagonista da historia, unha nena horfa cunha imaxinación desbordante. Unha nena que di cousas tan completas como esta frase que nos deu moito que analizar:

"Sé que hablo mucho, pero si supierais la cantidad de cosas que quiero decir y no digo, comprenderíais mi mérito"

"Ana de las Tejas Verdes" é un clásico da literatura infantil canadense ambientada no pobo de Avonlea. Trátase dun pobo ficticio que se atopa na Illa Príncipe Eduardo. Todo o equipo decidimos que se a nosa aventura iba a estar ambientada nesta Illa, deberamos saber onde se atopa e algo máis dela, non credes?.

E estando na nosa máxica biblioteca... onde podemos buscar esta información?

Pois nun libro, pero... cal será o libro máis axeitado nesta ocasión?

Siiiii... UN ATLAS.

Puxémonos mans á obra e fixemos algo de "Formación de usuarios de biblioteca" xa que algúns non sabiamos en que sección os podemos atopar (91), como podiamos buscar os libros por título, autor, tema...; como podemos usar o noso programa KOHA para guiarnos na búsqueda...

Despois de mirar uns cantos Atlas, non atopamos a ubicación xeográfica da nosa Illa e propuxemos buscar en Internet.. Pero!!!!, é sempre fiable todo o que atopamos en Internet?, como podemos contrastar información?, que son as "Fake news?... Cuestións moi importantes a ter sempre en conta.

De un xeito ou outro conseguimos situar á nosa illa no mapa.

Dende logo, tamén pensamos en propoñerlle ao equipo de biblioteca que incorpore algún atlas xeográfico "máis completo" ao catálogo da biblioteca.

E sabedes como podemos facelo?

Moi sinxelo, no blog da nosa biblioteca "LeorínLeorado" no apartado suxestións.


Velaquí o enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdTVyI8jc_htSnGCdd61dhdBKsdq1bXLKHUj6C9aBlqmhFA_Q/viewform

Pois esta completa e sempre divertida sesión, non podía rematar sen antes xogar un pouquiño a un xogo de mesa que tamén viña programado para a ocasión.
Un xogo no que puxemos en práctica a nosa imaxinación, vocabulario, rapidez e... moitas moitas risas!!!

Vémonos na seguinte sesión na que xa todos coñeceremos un chiquiño máis a Ana, que seguro seguro, NON NOS DEIXARÁ INDIFERENTES!!!
Ata a próxima!!!