"Miñoca e Coello","Miñoca e Pega",
"Miñoca e Ourizo","Chove!".
Moito rimos con estes últimos libros que lemos! Estes cómics molan moito e Miñoca é tan gracioso ...
Con estes cómics descubrimos que hai outros tipos de bocadillos, non só os que tomamos na merenda, que tanto nos gustan. Tamén vimos que non todos os bocadillos dos cómics teñen a mesma forma e que segundo como sexan, indican se esa personaxe está a falar, a pensar, a berrar.E como en todas as sesións dos Leoríns Leorados fixemos dúas actividades para aprendelo dun xeito dinámico e divertido.
Na primeira actividade tiñamos que elixir - sen mirar - un deses bocadillos e de xeito oral crear unha frase que meteriamos no seu interior, empregando un texto e ton axeitado ao bocadillo que nos tocara.
A segunda actividade saiunos xenial e eso que non podiamos falar entre nós para realizala.
Tiñamos que ordenar unha chea de bocadillos variados de xeito que a historia final tivera sentido e coherencia
E antes de rematar esta fantástica xornada lemos un pouquiño de
"A despensa máxica" de Begoña Oro,
que é o libro que nos vai ter secuestrados/as ata a vindeira sesión dos Leoríns Leorados
.jpg)

.jpg)







