Nesta sesión comezaron unha nova lectura "O Principiño". Ao principio da sesión o grupo realizaou unha lectura conxunta para familiarizarse co libro e establecer un diálogo e intercambio de pareceres e puntos de vista: Pensades que a rosa é egoísta? Somos nós sempre agradecidos con quen sempre está aí para nós? etc... Unha vez rematado o faladoiro realizaron un chaveiro na cortadora láser coa temática do Principiño. Cada un personalizou o seu propio deseño.




















