Na sesión de abril o LeoClub de 1º e 2º tiveron unha actividade sorpresa e moi especial. Os nenos de segundo leran para esa sesión o libro "Que enleada coa piada" e Rita Doallo, a súa autora, agasallounos cunha visita sorpresa para contarnos o conto. Pasamos unha sesión moi divertida entre plumas e paxaros. Ademais esta sesión coincidiu coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Rita contounos como se fai para escribir e editar un libro. Fixémoslle moitas preguntas que ela contestou moi amablemente.
Ao remate da sesión todos levaron o que será o último libro deste curso "O Principiño" e é que traballando nun PDI sobre o espazo quixemos coñecer esta fermosa lectura adaptada a cada un dos cursos.







