"Os peidos máxicos de Sultán" de Marta Villar é o libro que estiveron a ler nestas semanas. comezaron desfrutando dunha lectura colectiva, de cando Sultán nun paseo pola fraga papou a uns ciclistas con bicicleta incluída. Ademáis de rir un montón, serviunos tamén para reflexionar sobre cómo se está a modificar a nosa contorna por mor do quecemento global. Observando as píntegas da clase explicamos que a auga dos seus ecosistemas se evapora tan rápido que en moitos casos non son quen de completar a súa metamorfose.
O resto da sesión traballamos e aprendimos sobre o que son as reseñas.





![]() |
Observando as píntegas |


