Na sesión do 12 de febreiro comezamos a xuntanza presentando diferentes imaxes de Pippi e a partires delas fixémonos unha idea de como podía ser esa rapaza. Logo indagamos un pouco máis e descubrimos que vivía soa. E quen será ese mono que a acompaña sempre? E por que ten un cofre cheo de moedas de ouro? Están desexando ler o libro para dar resposta a todas esas preguntas. Rematamos a sesión facendo un marcapáxinas.





