Para a sesión do mes de decembro no LeoClub de 1º e 2º traballamos co libro "O pequeno Sherlok Toupez na gruta dos morcegos". Todos o traían lido da casiña e a todos lles encantou. Falamos dos personaxes, do que acontecía na historia, falamos sobre os morcegos e lemos un pouquiño. Na historia os personaxes xogaban ás escondidas e non atopaban a un dos amigos. Estaba agochado na cova de Casimiro, o morcego. El non tiña problema para orientarse na cova a pesares da escuridade, pero os nosos amigos precisaban dunha lanterna. Nós tamén quixemos ter unha lanterna, pero a nosa ademais era máxica. Coloreámola, recortámola e despois comprobamos como ao introducila nun plástico de fondo escuro, podiamos ver os debuxos por onde a lanterna os iluminaba. Era máxica de verdade! Nin sequera precisaba pilas nin corriente eléctrica. Pasámolo xenial e levamos o seguinte contiño para ler durante as vacaións de Nadal. Os de primeiro: "A abelliña que perdeu as ás" e os de segundo Adiviñas para xogar. Vémonos na proxima sesión xa no ano 2025!!!
Libro que leron no LeoClub de 1º e 2º para esta sesión |
Lendo un pouquiño do libro |
Coloreando a lanterna |
Vendo de que trata o novo libro |
Co novo libro e as lanternas máxicas! |
Cartulina coa lanterna para colorear |
Pintando e recortando |
Probando a lanterna máxica |
Novo libro para o LeoClub de 1º |
Novo libro para o LeoClub de 2º |