O grupo do LeoClub de 3º e 4º chamados os Leomáxicos, xuntáronse este mes co libro de Paula Carballeira "Casas" case rematado. No capítulo 9 Paula Carballeira cóntanos que no Xapón as paredes das casas son de papel e nós decidimos facer a nosa propia casiña de papel. Fixémola con moito agarimo e nela gardamos diferentes cousas: uns os nosos máis prezados segredos, outros adiviñas e outros xogando coas palabras creamos trabalinguas. As nosas casas tamén gardan palabras!
Ademais levamos unha pequena tarefa para a casa: facer unha figura coas sombras das nosas mans e na próxima sesión ensinarémoslla aos nosos compañeiros. Coma sempre pasámolo xenial!