venres, 20 de marzo de 2026

LeoClub 3º e 4º Marzo 2026

 Para esta sesión os lectores de terceiro e cuarto traían lidos un libro de Miñoca de Ramón D. Veiga e un de poemas de Antonio García Teijeiro: "Cacarabín, Cacarabón". Aproveitando que en tres días conmemoramos o "Día da Poesía" e que xa na sesión anterior traballaramos co cómic, estivemos a falar de cómo saber que un texto era poético ou non.  Ten rima e ten liñas curtas chamadas versos. Tamén falamos de cómo buscar na biblioteca libros de poesías e aprendemos que están colocados na estantería 82-P e ordenados alfabeticamente.

"Cacarabín, Cacarabón"
Buscando libros de poesías











Despois collemos algúns deles estivemos léndoos. A continuación fixemos a actividade plantar un verso. Escribimos os versos que máis nos gustaron nunha tarxetiña e coloreamos unha folliña para a continuación facer con la unha bonita flor. Con ela quixemos conmemorar a chegada da primavera asi como o Día da Poesía. 




Seguinte aventura "lobo Ramón" de María Canosa