xoves, 20 de marzo de 2025

LeoClub 3º e 4º . Sesión marzo 2025.

No LeoClub de 3º e 4º continuamos a traballar co libro de Pippi Mediaslongas. A primeira parte da sesión foi un faladoiro no que intercambiamos impresións, pareceres e curiosidades sobre o libro e a segunda parte fixemos dous grupos para realizar  dúas actividades simultáneas polas que todos foron pasando. Unha delas foi un xogo de estratexia sobre piratas (lembrade que Pippi é filla dun pirata, ademais de ser rebelde e aventureira coma os piratas). A segunda das actividades foi a creación dunobradoiro de pegatinas con debuxos da historia. Pasárono xenial!