domingo, 16 de marzo de 2025

Leo Club 2º. Sesión de marzo 2025

 Nesta sesión de marzo xogamos con Curriño e os seus novos amigos, valentes cans e cadelas da rúa. Primeiro compartimos sensacións sobre a lectura do libro. Todos coincidiron enq ue foi un pouquiño difícil de entender, e tras esta reflexión e posta en común continuamos cun xogo. Tiñamos que identificar e porlle nome a Curro e os seus amigos/as.




A continuación en parella tiñamos que poñer o nome dos cans e cadelas tendo en conta a descrición.









Sobra dicir que acertaron todos porque leron o librto con moita atención.
E para rematar... Un pouco de creatividade. O conto de Ledicia Costas non tiña final e na última páxinaCurro estaba en problemas asique en parellas d enovo tiveron que continuar e rematar a historia de Curro.





Finais interensantísimos e sorprendentes ideados por estes lectores e lectoras e tamén artistas, peeeero....teredes que esperar para lelos.